O presidente da Deputación, Luis Menor, cos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional de A Farixa en FITUR

Compartir

A institución provincial colabora habitualmente con este centro, facilitando a visita dos estudantes á feira, "contribuíndo a ampliar a súa preparación na cita turística máis importante do mundo", dixo o presidente da Deputación

Ourense, 23 de xaneiro de 2025.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, saudou esta mañá no Ifema aos alumnos e alumnas do Centro Integrado de Formación Profesional de A Farixa que acudiron a Fitur, a feira internacional de turismo que se está a desenvolver en Madrid.

Tal e como lembraron os profesores que acompañan aos alumnos e alumnas, Ana Otero e Mario Poti, a institución provincial colabora habitualmente con este centro, facilitando a visita dos estudantes á feira, "contribuíndo a ampliar a súa preparación na cita turística máis importante do mundo", recalcou pola súa banda o presidente da Deputación.

Os alumnos e alumnas do CIFP A Farixa presentes en Fitur son de 1ª de Guía e de 1º de Dual (ciclo intensivo que combina Aloxamento, Guía e Axencias, con prácticas 6 meses ao ano a través da cadena Hotusa). En total, un grupo de 20 mozos interesados profesionalmente nesta feira internacional, coa fin de coñecer as novas tendencias a nivel turístico. Ademais de realizar visitas guiadas por Madrid e de coñecer a propia feira, tamén visitarán un hotel de 5 estrelas para observar un aloxamento propio do ciclo que están a estudar.