VIII Torneo Internacional de ximnasia rítmica "Ourense a provincia termal".

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VIII edición do Torneo Internacional de ximnasia rítmica "Ourense a provincia termal". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; do presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; da presidenta do Club Marusia, Pilar Vázquez; e en representación dos pais do Club, Roberto Montero.