A Deputación participa na entrega dos premios de investigación do Campus Auga

Compartir

O deputado de Turismo, Termalismo e Representación Provincial, Rosendo Fernández, participou na constitución do Comité Consultivo Socio-Empresarial

A Deputación de Ourense reafirma o seu compromiso e colaboración co Campus Auga, polo de formación e investigación. 
O deputado de Turismo, Termalismo e Representación Provincial, Rosendo Fernández, participou na constitución do Comité Consultivo Socio-Empresarial do Campus Auga.
 

A continuación, foi momento de celebrar. Rosendo Fernández acudiu á entrega dos VI Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga, nos que se distinguen once traballos realizados por alumnado e persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.