O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José Maria Lago Cabo, asiste ao acto de presentación da Estratexia Galega de Infraestruturas Verdes

Compartir

O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José Maria Lago Cabo, asistiu ao acto de presentación da Estratexia Galega de Infraestruturas Verdes, celebrada en Santiago de Compostela. 


 

O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José Maria Lago Cabo, asistiu ao acto de presentación da Estratexia Galega de Infraestruturas Verdes, celebrada en Santiago de Compostela. 

A finalidade da citada estratexia é a creación dunha rede de espazos naturais e seminaturais planificados estratexicamente para ofrecer unha ampla gama de servizos ecosistémicos. Trátase de levar a cabo unha ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental.