No centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da exposición "O Reino do vento", do pintor Alfonso Sucasas. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do centro cultural, Francisco González; da viúva do pintor, María Espinosa; e da comisaria da mostra, Mercedes Rozas. A inauguración oficial da exposición será ás 20.00 horas.