Visita institucional da Deputación a Proxecto Home en Ourense
A deputada provincial de Políticas Sociais, Patricia Torres, acompañada da directora adxunta da Área de Benestar da Deputación, Monse Rodríguez, coñeceron in situ o Proxecto Home de Ourense e tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a persoas que están a realizar a terapia en diversas fases, recoñecendo o importante labor que realiza esta institución en favor da reinserción das persoas e a recuperación da súa vida normalizada
Ourense, 18 de febreiro de 2025.-
A deputada provincial de Políticas Sociais, Patricia Torres, acompañada da directora adxunta da Área de Benestar da Deputación, Monse Rodríguez, coñeceron in situ o Proxecto Home de Ourense en visita institucional, e tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a persoas que están a realizar a terapia en diversas fases., recoñecendo o importante labor que realiza esta institución en favor da reinserción das persoas e a recuperación da súa vida normalizada.
A Deputación colabora activamente con este organismo, e a deputada provincial destaca que tanto as persoas como as propias instalacións de Proxecto Home “son parte fundamental no bo traballo que realizan a prol da reinserción, algo que é sempre de valorar”, recalcou Patricia Torres.