A Deputación de Ourense, na LVII Feira do Cocido de Lalín

Compartir

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu a esta celebración gastronómica no concello amigo de Lalín

Lalín, 23 de febreiro de 2025. 

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe a unha das exaltacións gastronómicas máis senlleiras de Galicia: a Feira do Cocido de Lalín, que este ano cumpre a súa 57ª edición.

Menor destacou a excelente organización desta celebración e a disposición a cooperar coa provincia do municipio amigo de Lalín, así como da Deputación de Pontevedra.