Presentación da IV andaina solidaria da Peroxa.

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IV andaina solidaria da Peroxa. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e do concelleiro da Peroxa, Manuel Seoane e José Manuel Rodríguez; e da presidenta, da secretaria e da traballadora social da asociación de fibromialxia, fatiga crónica e sensibilidade química múltiple de Ourense (AFFOU), Marina Añel, María Jesús Justel e Leticia Vila.