A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participa nun coloquio do Círculo de Empresarios de Galicia
O encontro, con José Antonio Sebastián Ruiz, Comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico, levou por título "Corredor Atlántico, a gran oportunidade do transporte".
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou hoxe nun almorzo-coloquio do Círculo de Empresarios de Galicia.
O encontro, con José Antonio Sebastián Ruiz, Comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico, levou por título "Corredor Atlántico, a gran oportunidade do transporte".
Os asistentes abordaron os retos do sector da loxística e do transporte, así como os posibles beneficios para toda Galicia.