O asesor de Política Deportiva participa na presentación do Campionato Xunta de Galicia K1-C1 de piragüismo

Compartir

Trátase dunha proba para as categorías cadete e infantil, que foi presentada na delegación territorial da Xunta en Ourense

O asesor de Política Deportiva da Deputación de Ourense, Diego Enrique Álvarez, participou esta mañá na presentación do Campionato Xunta de Galicia K1-C1 cadete e infantil de piragüismo, nun acto na delegación territorial da Xunta en Ourense.

 

A proba disputarase mañá, 8 de marzo, no Parque Náutico de Castrelo de Miño. A categoría infantil será en xornada de mañá, mentres que os cadetes competirán pola tarde.