Na Torre Medieval do Castelo de Vilanova, en Celanova, terá lugar a presentación do nº 42 da revista "Raigame" e da 18ª Romaría Raigame. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Celanova, José Luis Ferro; do xestor cultural do Concello de Celanova, Antonio Piñeiro; e do director da publicación, Xulio Rodríguez.