Primeira reunión do presidente provincial, Luis Menor, cos novos directores das áreas de Transparencia e Goberno Aberto e de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios
Ángeles Cantón (directora da Área de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios) e Marcos Valiño (director da Área de Transparencia e Goberno Aberto), mantiveron un encontro de traballo con Luis Menor para avanzar na planificación dos eixos estratéxicos de ambas áreas, “fundamentais para o bo desenvolvemento global da institución provincial”
Ourense, 24 de marzo de 2025.
O presidente provincial, Luis Menor, recibiu no seu despacho aos novos directores das áreas de Transparencia e Goberno Aberto (Marcos Valiño) e de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios (Ángeles Cantón).
Este encontro de traballo, o primeiro logo da toma de posesión dos seus cargos, serviu para avanzar na planificación dos eixos estratéxicos de ambas áreas, “fundamentais para o bo desenvolvemento global da institución provincial”, tal e sinalou o presidente provincial, quen valorou “a excelencia e o bo facer da plantilla de traballadores e traballadoras da Deputación, que fan desta institución unha administración ordenada, áxil e altamente eficaz”.