Rosendo Fernández, na presentación das accións de Turismo de Galicia para 2025
O deputado de Turismo asistiu ao acto de presentación do plan en Santiago
O deputado de Turismo e Termalismo, Rosendo Fernández, participa no acto de presentación das accións de promoción de Turismo de Galicia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou o acto no hotel Quinta da Auga de Santiago.
Durante o evento, presentáronse diferentes accións de fomento turístico que se prevén levar a cabo durante o 2025.
Rueda reivindicou o impulso dun novo modelo de turismo máis sostible, internacional e dixital para gañar en competitividade.
O plan inclúe un cento de medidas e o seu investimento ascende a 13 millóns de euros.