O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación dunha audioguía infantil e un libro sobre a Catedral

Compartir

A publicación, "Look at me - Mírame" pon en valor o templo ourensán

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación da audioguía infantil e o libro de fotos “Look at me – Mírame”. 
 

Trátase de publicacións sobre a Catedral de San Martiño, emblema patrimonial da cidade e da provincia. Inclúe fotografías de recunchos emblemáticos do templo ourensán.


O acto, celebrado no Liceo, está organizado polo Cabildo da Santa Igrexa Catedral de Ourense e a empresa de xestión turística e cultural Arti-Splendore-Óptima Cultura.