- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da Fase Final da Copa Deputación 2019 de Ximnasia, Trampolín e Tumbling. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Deportes de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil; do presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; do técnico deportivo do Concello de Xinzo, David Carnero; da vicepresidenta e do directivo do Club EDC Xinzo, Heidy Carolina Trinidad e Néstor González.