Presentación da Gala do 50 aniversario do Festival da Canción Misioneira de Ourense.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do 50 aniversario do Festival da Canción Misioneira de Ourense. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do delegado de Misións do Obispado de Ourense, Adelino Álvarez; da directora do Teatro Principal, Olga Mojón; e do colaborador Ángel Cid.