Afeccionados do ferrocarril visitan a colección de trens Fernández Pacheco da Deputación

Compartir

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou este sábado nunhas xornadas de ferroviarios e afeccionados do ferrocarril de toda a Península Ibérica.

 

Ourense, 5 de abril de 2025. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou este sábado nunhas xornadas de ferroviarios e afeccionados do ferrocarril de toda a Península Ibérica.

Os participantes, de varios colectivos, aproveitaron para visitar unha das coleccións permanentes máis destacadas da Deputación de Ourense, que atrae a centos de apaixoados do mundo do tren. Acompañados por Rosendo Fernández, coñeceron os detalles da  Colección Ferroviaria Fernández Pacheco, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.