Marta Nóvoa participa na entrega da Medalla do Parlamento de Galicia 2025
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, asiste en Santiago de Compostela ao acto de entrega da Medalla do Parlamento de Galicia 2025.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2025.
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, asiste en Santiago de Compostela ao acto de entrega da Medalla do Parlamento de Galicia 2025. Nesta edición, a Cámara galega recoñece á Real Academia Galega de Belas Artes, a Afundación-Obra Social Abanca e ao catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares.
Estas distincións recoñecen “a súa colaboración no ámbito da conservación e a divulgación do patrimonio artístico e cultural que acolle a Cámara galega”.