A Coral de Ruada homenaxea a Virxilio no Centro Cultural Marcos Valcárcel
A Coral de Ruada homenaxeou hoxe ao pintor ourensán Virxilio cun concerto no Centro Cultural Marcos Valcárcel, con motivo do centenario do nacemento do artista, unha efeméride que a Deputación de Ourense celebra cunha exposición de obra inédita.
Ourense, 8 de abril de 2025.
A Coral de Ruada homenaxeou hoxe ao pintor ourensán Virxilio cun concerto no Centro Cultural Marcos Valcárcel, con motivo do centenario do nacemento do artista, unha efeméride que a Deputación de Ourense celebra cunha exposición de obra inédita.
O deputado de Cultura, César Fernández, asistiu ao concerto da formación ourensá.
No propio centro cultural, o público pode desfrutar ata o próximo 11 de maio dun cento de pezas inéditas de Virxilio. Ademais, hai dúas vitrinas con debuxos, apuntes e pequenos traballos en papel.