A Deputación colabora co VI Allariz Debuxado, que comeza hoxe e se desenvolverá ata mañá

Compartir

Este Festival da Arte da Ilustración desenvolverase hoxe e mañá na vila alaricana co apoio da institución provincial

Allariz, 11 de abril de 2025.

A Deputación de Ourense colabora co Allariz Debuxado, o Festival da Arte da Ilustración. A sexta edición deste certame, que terá lugar na vila de Allariz hoxe e mañá, contará con cinco convidados de renome: o autor leonés Javi de Castro; a autora balear Anabel Colazo; a editora de Ediciones la Cúpula, Natalia Mosquera; o tatuador e ilustrador ourensán Anxo Varela e a ilustradora coruñesa Lucía Gómez “Michopocho”. No acto inaugural participou o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández.

Allariz Debuxado comeza hoxe na sala de exposicións A Fábrica cunha sesión de coloquios, dirixidos tanto a profesionais como a afeccionados, nos que se tratarán diversos aspectos do traballo artístico e da industria da ilustración.

A xornada dde mañá, prevista na praza do Matadoiro (en caso de que as condicións meteorolóxicas así o esixan, trasladarase á sala de exposicións A Fábrica) xirará en torno ao Mercadiño de Ilustración e Autoedición que para a presente edición contará con máis de 30 propostas, nas que se inclúen estudantes da Escola de Arte Antonio Faílde, profesionais da ilustración e proxectos editoriais de corte independente.

Ademais a xornada contará con diversas actividades como os Roteiros de Urban Sketching, sesións de sinaturas dos autores convidados e un obradoiro infantil de creación de personaxes da man de ilustradora Lucía Cid.

O festival, organizado por Aira editorial e a libraría Sindicato del Cómic, realizase grazas á colaboración do Concello de Allariz e a Deputación de Ourense.