O asesor de Política Deportiva participa na presentación da primeira sede da BTT Resistencia -Deputación
Diego Enrique Álvarez asistiu á presentación do evento nos canastros da Merca
O marco incomparable dos canastros de A Merca acolleu hoxe a presentación oficial da primeira sede da BTT-Deputación de Ourense.
A Merca marcará a saída da competición, o próximo 11 de maio. O asesor de Política Deportiva, Diego Enrique Álvarez, participou na presentación dos detalles da competición.