Entrega de diplomas do Obradoiro de Instrumentos do curso 2018-2019.-

Compartir
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na entrega de diplomas do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, do curso 2018-2019. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel" e rematará cun concerto didáctico a cargo de Xavier Blanco sobre "os instrumentos pobres", con entrada libre.