.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da obra de teatro sobre o Couto Mixto dentro das iniciativas sobre a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do representante da Asociación de Amigos do Couto Mixto, Xosé Manuel Cid; e do representante da Asociación Platea Lúa, Mary González, encargada da representación.