Menor asiste á inauguración das novas instalacións do concesionario Gadasa-Skoda
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe á inauguración das novas instalacións do concesionario Gadasa-Skoda
Ourense, 12 de xuño de 2025.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe á inauguración das novas instalacións do concesionario Gadasa-Skoda. Unha nova etapa da empresa ourensá, con máis de 25 anos de actividade, que segundo dixo Luis Menor demostra “compromiso empresarial, ambición para seguir crecendo e unha firme aposta por ofrecer o mellor servizo ao cliente”.
Aproveitou o presidente provincial para desexar os mellores resultados ao equipo Skoda-Recalvi que correrá o Rally de Ourense nun coche da marca patrocinado pola Deputación.