Presentación do X Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.-

Compartir
Na aula Progreso do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do X Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; dos alcaldes de Manzaneda e Pobra de Trives, Amable Fernández e Patricia Domínguez; e do director de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Samartín.