Marta Nóvoa asiste á toma de posesión da primeira maxistrada en presidir a Audiencia Provincial de Ourense
A vicepresidenta primeira participou no acto celebrado na Audiencia Provincial
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou hoxe no acto de toma de posesión da nova presidenta da Audiencia Provincial de Ourense, María del Carmen Blanco Arce.
Marta Nóvoa deu os parabéns á que é a primeira muller en presidir o Alto Órgano Xudicial Provincial, un futo na xudicatura ourensá.
A maxistrada amosou o seu desexo de seguir traballando con rigurosidade, independencia e sentido institucional.