Luis Menor participa na manifestación en defensa do tren na Gudiña e pide a restitución das paradas suprimidas “ilexitimamente”

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta tarde na manifestación convocada na Gudiña pola plataforma cidadá “Dereito ao tren”, acto que cualificou como unha importante expresión da veciñanza para reivindicar “un dereito esencial para a veciñanza como medio de transporte e, polo tanto, como medio de desenvolvemento do oriente ourensán”.

A Gudiña, 2 de agosto de 2025

Luis Menor pediu a restitución das paradas do AVE na estación Porta de Galicia da Gudiña, suprimidas “ilexitimamente”, sublimando que desde a Deputación de Ourense o apoio a esta reivindicación é total, “e non só desde o Goberno provincial, senón tamén desde o consenso político e social”. Rexeitou que un “puro capricho urbano” prive á cidadanía ourensá e mesmo do norte de Portugal do dereito a medrar nas comarcas afectadas. 

A manifestación, dixo o presidente provincial, non é o fin, “é un paso nunha loita que continuaremos ata conseguir restituír ese dereito que se nos quere quitar e que é o dereito ao noso futuro”.