Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XII andaina e V trail do Concello de Bande, acto que contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Bande, José Antonio Armada; o monitor deportivo Xurxo Vázquez, e o membro do Clube Athlos de Ourense, Ignacio Fernández.