Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "XI Festa Popular do Concello de Baltar", acto no que participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo, e a responsable de Cultura deste concello, Gemma Rodríguez.