Cancelados os espectáculos das Xornadas de Folclore en Viana, A Rúa e Trives
A decisión foi consensuada cos concellos polo principio de precaución e seguridade ante os incendios
Ourense, 15 de agosto de 2025.
No contexto da situación actual de emerxencia na provincia polos incendios forestais, en coordinación cos concellos e baixo o principio de precaución e seguridade, a organización das Xornadas de Folclore decidiu a cancelación do espectáculo previsto para hoxe en Viana, así como ademais as actuacións programadas para mañá sábado, día 16, na Rúa e o luns, día 18, en Trives.
Ademáis, na actuación prevista para mañá sábado ás 22.30 horas na Praza Maior do Carballiño actuarán os 6 grupos participantes na 40 edición das Xornadas de Folclore. Neste caso, o espectáculo trasládase á Praza da Veracruz.
O resto de actuacións na provincia mantense polo de agora, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas.