Bota a andar o Proxecto Arraigo, no que participa a Deputación

Compartir

Trátase dunha iniciativa enmarcada no reto demográfico

A Deputación de Ourense participa no Proxecto Arraigo, iniciativa de apoio para traballar no ámbito do reto demográfico. O proxecto botou a andar xa coas primeiras reunións, neste caso no GDR Monteval, en Monterrei. Os primeiros encontros céntranse nunha fase de análise da situación e presentación aos concellos para a súa adhesión.

Proxecto Arraigo é unha iniciativa pioneira que xa acompañou a máis de 1.000 familias a iniciar a súa vida no medio rural, recoñecida pola Unión Europea e por varias deputacións españolas como Burgos, Cuenca, León ou Palencia. Actualmente, máis de 28.000 familias están inscritas na súa base de datos buscando un novo proxecto de vida no campo.