A Deputación financia con 80.000 euros a adquisición dun camión para a recollida de lixo na Mancomunidade do Ribeiro
Foi un dos 13 asuntos que se aprobaron hoxe en Xunta de Goberno onde foron mobilizados 224.181,51 euros, dos que 100.324,01 son para cooperación con concellos e 123.857,5 para colaborar con entidades culturais e empresariais
A Xunta de Goberno, na sesión ordinaria desta semana, vén de aprobar 13 asuntos cos que foron mobilizados un total de 224.181,51 euros. Para colaboración con concellos e organismos supramunicipais destínanse 100.324,01 euros, mentres que para entidades culturais e empresariais esta semana dedícanse 123.857,5 euros.
No que atinxe á colaboración municipal, a Mancomunidade do Ribeiro recibe 80.000 euros para a adquisición dun camión de recollida do lixo. O Concello de Bande ten asignada unha axuda de 15.500,09 euros para a mellora do salón de actos da Casa do Concello, mentres que o Concello de Boborás obtén unha axuda de 4.823,92 euros para cofinanciar proxectos paisaxísticos e a mellora do lavadoiro de Laxas.
Respecto á colaboración con entidades, a IXP Castaña de Galicia obtén 10.000 euros para gastos de funcionamento; Sarabela Teatro, para o FITO e MITEU, recibe 39.000 euros; a Asociación Cultural Musical Novo Camiño obterá 9.857,50; e a Agrupación Cultural Agromadas terá 2.000 euros para gastos de funcionamento. En materia deportiva, a Escudería Lobios Motorsport, para o Rallye Sprint de Lobios, percibirá 12.000 euros.
Para gastos de funcionamento da Asociación de Empresarios do Polígono Barreiros concédenselle 11.000 euros e 40.000 euros para a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao coa mesma finalidade.
Por último, foron aprobadas tamén modificacións do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais, CooperOU, a petición cos concellos de A Veiga, Avión e Allariz.