Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 35ª edición do "Día da Bici", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; o delegado de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o representante do Grupo "La Región", Carlos Barbosa; e o presidente da Fundación Ado Moure, Carlos Moure.