.- No salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do programa completo da 24ª edición do Ourense Film Festival. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; do coordinador artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, e representantes dos patrocinadores do evento.