Presentación do novo ciclo "Anímate ao cine"

Compartir

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participou nesta presentación que é, dixo, "froito da cooperación institucional"

Ourense, 16 de xuño de 2026. 

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a presentación do ciclo "Anímate ao cine", á que asistiron César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense; Miguel Mariño, director da Academia Galega do Audiovisual; Milo Baños, membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual; e Óscar Doviso, director artístico do OUFF.