- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da andaina solidaria de Nogueira de Ramuín a favor de Pequenos Superhéroes. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e do concelleiro de Cultura, Deportes e Educación de Nogueira de Ramuín, César Parente e Raúl Soto; e dos pais de Rafa, membro da asociación Pequenos Superheroes, Raquel e Santiago.