A Deputación de Ourense celebra, en horario de 11.00 a 14.00 horas, a súa tradicional xornada de "Portas abertas", con motivo da 7ª edición da "Semana Escolar da Provincia" que organiza a institución provincial. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizará a primeira visita da xornada, que terá lugar ás 11.00 horas no Pazo Provincial.