Luis Menor participa no Festival Espírito Ribeiro, unha cita que une viño, gastronomía, música e territorio
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no Festival Espírito Ribeiro, celebrado no Campo do Cabalo de Laias, no concello de Cenlle, unha cita que alcanza a súa sexta edición consolidada como escaparate dos viños e da gastronomía de calidade da comarca.
Cenlle, 22 de agosto de 2026.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no Festival Espírito Ribeiro, celebrado no Campo do Cabalo de Laias, no concello de Cenlle, unha cita que alcanza a súa sexta edición consolidada como escaparate dos viños e da gastronomía de calidade da comarca.
Luis Menor destacou a capacidade deste encontro para unir viño, gastronomía, música, cultura e paisaxe, ofrecendo unha experiencia arredor dos produtos e da identidade do territorio. Neste sentido, salientou que “Espírito Ribeiro permite saborear os nosos produtos, pero tamén descubrir unha comarca que reúne tradición vitivinícola, patrimonio, termalismo e unha enorme capacidade para xerar oportunidades no rural”.
O presidente provincial puxo en valor a importancia da Denominación de Orixe Ribeiro como activo económico, turístico e cultural da provincia, así como o papel deste tipo de iniciativas na promoción dos produtos de calidade diferenciada, no apoio aos produtores locais e na dinamización do medio rural.