Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do premio "Carlos Casares-Kristina Berg ao talento". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do administrador da Fundación "Carlos Casares", Hakan Casares, e da integrante do xurado María Canosa.