Luis Menor participa na asemblea anual de ATAVE e destaca o seu papel na formación e no apoio aos talleres ourensáns
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou na asemblea anual de ATAVE, presidida por Ricardo Borrajo, onde destacou o papel da asociación no asesoramento ás empresas da automoción e na formación de profesionais.
Ourense, 17 de outubro de 2026.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou na asemblea anual de ATAVE, presidida por Ricardo Borrajo, onde destacou o papel da asociación no asesoramento ás empresas da automoción e na formación de profesionais.
Fundada en 1977 por 33 empresarios, ATAVE reúne actualmente máis de 400 talleres e concesionarios, que representan o 90 % dos profesionais do sector na provincia, con presenza en todas as comarcas.
Menor referiuse ao traballo da entidade para acompañar os pequenos negocios ante os cambios normativos e os retos da electrificación. Destacou tamén a actividade do seu Centro de Formación, que ofrece cualificación técnica a mozos desempregados e atende as necesidades das empresas.
Ao final do acto, entregáronse diversas placas conmemorativas a membros homenaxeados de ATAVE. O presidente provincial fíxolle entrega dos seus recoñecementos a Carlos Iglesas Camba, Manuel García Camba e Antonio Iglesias Santás.