4ª Concentración de Escolas de Rugby.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo provincial terá lugar a presentación da 4ª Concentración de Escolas da Federación Galega de Rugby e do 1º Torneo "Ourense, a provincia termal". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente do Campus Ourense Rugby, José Luis Rey "Magui"; o coordinador das escolas de rugby, Américo Gómez; o director deportivo, David Monreal, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González.