Rosendo Fernández recibe na Deputación os participantes no Parlamento Infantil de Amencer

Compartir

Os rapaces e rapazas de Amencer constituíron o seu propio pleno e debateron propostas que se incorporarán á programación da asociación xuvenil.

Ourense, 21 de novembro de 2026.

O deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, exerceu esta mañá de anfitrión no Parlamento Infantil organizado pola Asociación Xuvenil Amencer, que se celebrou no Salón de Plenos da institución provincial.

A actividade achegou aos rapaces e rapazas o funcionamento das institucións públicas. Fernández explicoulles como se desenvolve un pleno provincial e que labor desempeña a Deputación na cooperación cos concellos de Ourense. Tras responder ás preguntas dos participantes, sinalou que “a Deputación, como concello dos concellos que é, ten a súa razón de ser na cooperación institucional”.

Os rapaces e rapazas de Amencer constituíron o seu propio pleno e debateron propostas que se incorporarán á programación da asociación xuvenil.