Inauguración da exposición "Leonardo, o músico".

Compartir
- No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a inauguración da exposición "Leonardo, o músico", con instrumentos musicais deseñados por Leonardo da Vinci e baseados nas investigacións de Joaquín Saura. Tamén se inclúen os instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Ourense recuperados polo Obradoiro da Deputación. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do centro cultural, Francisco González; e dos coordinadores da exposición, Manuel Brañas e Luis Delgado.