Entrega do donativo da actividade "Cata a Arte"

Compartir
.- No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o acto de entrega do donativo coas achegas realizadas dentro da actividade "Cata a Arte" á ONG Cáritas de Ourense. No acto participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da D.O. Ribeiro, Juan Casares; o director do Centro Cultural, Francisco González; e un representante de Cáritas Ourense.