.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 1ª edición da Festa do xabarín e da caza de Punxín, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e o tenente de alcalde de Punxín, Manuel Vázquez e Eulogio González, respectivamente; e os organizadores da empresa Mas Music, Carlos González e María Dolores Da Silva.