No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do catálogo e da exposición "Vendidos", de Ángel Soldevilla e Luis Vecino. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do centro cultural, Francisco González; e dos dous artistas.