Presentación da novela gañadora do Premio "Blanco Amor" 2019.

Compartir
- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación da novela gañadora do Premio "Eduardo Blanco Amor" de novela longa 2019, Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión; do escritor e director da Fundación Eduardo Blanco Amor, Luis González Tosar; e do autor da novela gañadora, Xesús Fraga.