Presentación do catálogo e da mostra Cara á estrema do eido.-

Compartir
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do catálogo e da mostra CARA Á ESTREMA DO EIDO, do pintor Fiz Valcárcel. Ademais do artista, asistirán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o comisario da mostra, Antón Sobral, e o director do centro cultural, Francisco González. A exposición inaugurarase oficialmente ás 20.00 horas e poderá visitarse ate o día 10 de xaneiro de 2021.