Exposición Galicia de Nós a nós.-

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, participan mañá no centro cultural "Marcos Valcárcel" no acto inaugural da exposición Galicia de Nós a nós. A cobertura do acto poderá realizarse presencialmente ou por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live). O percorrido pola exposición terá lugar ás 13.15 horas, ao remate do acto inaugural no salón de actos do centro cultural.