O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda, comparecerán na sala de prensa do Pazo Provincial ao remate da reunión que manterán coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; co delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e co vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández. Debido ás medidas de protección COVID-19 a cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.